Fotografía de Joan Grífols.

Ofrecemos 3 propostas para Educación Infantil e Primaria utilizando este xogo.


Un recanto de emocións

Os xogos Somos diferentese En que andas pensando? son axeitados para lles poñer nome ás emocións e aos sentimentos. Podemos facer un recanto de emocións (tipo “Sacapenas”), organizado con etiquetas cos nomes (ou imaxes) dos sentimentos aprendidos (e os que xa coñecen) e que lles axuden a expresar como se senten en derterminados momentos.


Facemos receitas

Os xogos Ensalada de pastaou O que non mata engorda pódennos servir para ampliar vocabulario e elaborar receitarios entre todos.


Describimos persoas

No 2º e 3º ciclos de Primaria hai 3 xogos (Tipos de persoas, En que andas pensando? e Somos diferentes) que resultan especialmente útiles para traballar a descrición de persoas.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*