En Educación Infantil no xogo Construción e vivenda podemos ir colocando etiquetas coas partes da construcción que aparecen sobre a imaxe da casa. Serán as palabras propostas as máis indicadas para utilizar, non os sinónimos.


En Educación Primaria usaremos o dicionario do Portal das Palabras para completar significados descoñecidos.


No 2º Ciclo de Educación Primaria aproveitaremos os xogos Un paseo pola natureza e Paseo polo mar e a montaña para elaborar un mural que incluirá os elementos que aparecen nas actividades, sobre cada un dos elementos colocaremos o sinónimo correcto e serán as alumnas e alumnos os que terán que deducir a palabra.


En xeral, e dada a significatividade dos temas que se tratan, podemos ampliar facendo murais e colocando nomes, clasificando obxectos ou seres vivos, gravar vídeos de distinta temática…

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA