Comezaremos o noso achegamento ás vandardas poéticas do século XX. Para isto imos utilizar o blog As vangardas



Deseguido enuméranse as actividades que debedes realizar.

1. Le a presentación da unidade e visiona o seu vídeo onde poderás escoitar o manifesto Máis Alá.
2. Contesta á pregunta Que é unha vangarda? a ver onde te leva a túa resposta.
3. O termo “vangarda” servirache de inicio.
4. Repasa a Contextualización histórica que xa coñeces.
5. E por último neste paseo introdutorio, somérxete na Contextualización artística.
Moi ben, xa comezas as saber o fundamental disto das vangardas.
6. Agora divirtámonos un pouco coa lingua. Convídote a visitar a entrada Caligramas e a realizar un propio para unha exposición.


Con isto tedes traballo abondo para cubrir os deberes e as gardas correspondentes.


Catálogo da exposición “Seoane e a vangarda. Os seus mestres, os seus amigos”. A Coruña, 2003.


* O martes 6 non acudirei ao instituto, o alumnado de 4C e 4B na hora da clase realizará un caligrama nun folio para unha exposición.

O alumnado que non dispoña de conexión á internet realizará os seguintes traballos que deberá entregar a ordenador por correo electrónico ou nun pincho:
1. Resumo das páxinas 40 a 43 do libro de texto. (2000 caracteres)
2. Páxina 43, exercicios 1 e 2.
3. Texto argumentativo a favor da prohibición da venda de alcol a menores de 18 anos. (2000 caracteres)

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*