As notas para o exame do xoves presentaranse mañá martes.
O alumnado que teña que presentarse o xoves coa 3ª avaliación poderá ver mañá o seu exame corrixido na aula, no caso do alumnado de 4A verán os exames o mércores.
As persoas que teñan 1 avaliación suspensa automaticamente teñen que presentarse o xoves con esa avaliación.
As persoas que teñan 2 avaliacións suspensas automaticamente teñen que presentarse o xoves coas dúas avaliacións suspensas.
As persoas que suspendan as 3 avaliacións teñen a materia suspensa para setembro.

*Non enviedes emails nin preguntas a través das redes sociais porque non podo atendelas. Estou corrixindo e todo o mundo recibirá as notas ao mesmo tempo.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*