Que é un setestrelo?
É un conxunto de sete palabras especiais que se relacionan entre si e dan en brillar coma o Setestrelo (as 7 grandes das Pléiades), cada unha delas ou o seu conxunto.

Que ten que ter o noso setestrelo?
O noso setestrelo ten que ter: 1 PORTADA + 7 PALABRAS
1 PORTADA: cun texto de introdución ao setestrelo
7 PALABRAS: que brillen dentro do seu conxunto, que polo motivo que sexa, merezan ser coñecidas.

Como ten que ser a portada?
Na portada deben aparecer 1 texto de introdución e 1 imaxe.
O texto introdutorio debe ter unha extensión entre 1500 e 2000 caracteres, é importante poñer en relación o noso setestrelo coa realidade (cunha noticia ou acontecemento acto actual, coa vida cotiá das persoas, etc.).
A imaxe ten que estar libre de dereitos, isto é, ten que ter licenza compartida Creative Commons.

Que ten que aparecer en cada palabra?
Todas as palabras tanto do setestrelo como do dicionario visual van ter a mesma estrutura.
Imaxe: 
Definición:
Orixe:
Usos na actualidade:
Frases feitas:
Refráns:
Sinónimos:
Antónimos:
Familia léxica:
Palabra noutros idiomas: castelán, catalán, éuscaro, francés, inglés, portugués.
Curiosidades:

* Só se cubrirán aqueles apartados dos que teñamos datos.
* O setestrelo terá dúas publicacións, unha textual en web e outra en vídeo.
* O setestrelo deberá estar completamente rematado para o luns 18 de maio.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*