DÚAS TAREFAS:

* Estas dúas tarefas son para a segunda sesión de clase da semana, realízaas sen buscar información complementaria, só con aquelas ideas que a ti se che ocorran.

1. Ás 16:00 do martes recibes unha chamada, confirmándoche que entraches nunha fase de selección previa e que o mércores ás 16:00 terás unha entrevista de traballo para a oferta de emprego que seleccionaches no xornal (no exercicio 4 da páxina 94 do libro de texto).
Redacta no teu caderno todo aquilo que farías antes de comezar a entrevista. Pídese que a resposta sexa redactada, non en forma de esquema. Non esquezas repasar o escrito e buscar no dicionario aquelas palabras que descoñezas ou sobre as que teñas dúbida.

2. Despois de coñecer os tipos de contrato laboral, o currículo e a carta de presentación, agora tócache a ti facer de persoa empregadora. Ás 16:00 do mércores terás unha entrevista coas persoas candidatas ao posto de traballo que quere cubrir a túa empresa (o mesmo que elixiches no exercicio 4 da páxina 94 do libro de texto).
Redacta no teu caderno a entrevista que lles vas realizar ás persoas candidatas. Ten en conta que as túas cuestións deben ter en conta o posto de traballo de que se trate e mais o tipo de contrato que desexes realizar. Non esquezas repasar o escrito e buscar no dicionario aquelas palabras que descoñezas ou sobre as que teñas dúbida.

*Queda anulada a actividade do Instagram.
** Elimináronse todos os comentarios en castelán, a lingua vehicular deste blog de aula é o galego. De agora en diante non se publicarán comentarios sen identificación.

10 COMENTARIOS

  1. Para a segunda sesión temos o libro.

    A partir da segunda sesión é cando os teredes que ter realizados.

    4B e 4C xa sabían destas actividades desde a clase do venres.

    Só é información nova para 4A que non terán que telas realizadas ata o XOVES da vindeira semana, posto que o mércores teñen sesión do libro.

    Cando protestemos debemos facelo con ARGUMENTOS e non de forma ANÓNIMA.

    Saúdos.

  2. Pero, non era que para a segunda sesión de clase da semana, íamos facer actividadea sobre o libro "Europa Express" de Andrea Maceiras?

Deixa una resposta a Anónimo Cancelar a resposta