Tes propósitos de Aninovo?
Esta TED do enxeñeiro de software Matt Cutts fala de como conseguir novos hábitos en 30 días. Este relatorio quizais che sirva de axuda non só agora, senón en calquera altura do ano porque sempre é  un bo momento para emprender novas aventuras persoais.


Cando comeza o ano, ou un novo curso, moitas persoas teñen o costume de realizar propósitos que logo unha importante porcentaxe da poboación non leva a cabo. En moitas ocasións o que falla é que asumimos propósitos que non son adecuados.

O orador (speaker) e instrutor (trainer) internacional RubénTurienzo indica unha serie de características que deben reunir os nosos propósitos para ser correctos para nós. É o denominado código MARTE segundo o cal, un bo propósito debe ser:

MMedible (Debe poder cuantificarse en que medida te vas achegando achegando á meta)

AAlcanzable (Adaptado ás túas capacidades, habilidades e contexto actual)

RRetador (Supón un reto para ti e te fai mellor)

TTemporal (Podes establecer un tempo concreto para a súa consecución ou para o seu desenvolvemento en caso de que se trate dun reto que requira algún tipo de adestramento)

EEspecífico (Ten un obxectivo concreto facilmente definible)


E o teu propósito cumpre o código MARTE?

Fontes:
Lázaro, M. (2013, decembro). Los ocho errores de la lista de propósitos de 2014. El Huffington Post. Recuperado de: http://www.huffingtonpost.es/2013/12/31/propositos-ano-2014_n_4523854.html 
Solano, F. (2014, xuño). Rubén Turienzo Conferencista español nos habla del código Marte. Radio Caracol. Recuperado de: http://caracol.com.co/programa/2014/06/16/audios/1402928160_277539.html
 

27 COMENTARIOS

  1. O meu reto é aprender a tocar vinte cancións co ukelele.
    Este propósito cumpre o código MARTE porque é:
    – M (Medible): podo ir contando o número de cancións que sei tocar.
    – A (Alcanzable): teño os coñecementos, as capacidades e as habilidades para aprender a tocalas e axústase á miña vida actual.
    – R (Retador): supón un reto para min porque significa aprender a tocar un instrumento novo. Ademais, faríame máis responsable, xa que supón ter que ser perseverante.
    – T (Temporal): quero aprendelas antes de chegar a finais de ano.
    – E (Específico): é un propósito moi concreto, así que pódese establecer moi facilmente cando é alcanzado.

    Alba Muñiz 4ºA

  2. Antón Fernández Cerecedo,4ºA: O meu propósito de aninovo é chegar a subir ao pódium no campionato de de atletismo de España na proba dos 100m.l.(metros lisos)-sector de velocidade.

Deixa una resposta a Ana Fernández Cancelar a resposta