TEMPORAIS

Futuridade
IR + inf. (O goberno vai aprobar unha nova lei educativa consensuada.)

Inminencia
ESTAR A/PARA + inf. (Está a saír publicada a sentenza.)
HOUBEN DE + inf. (Houbo de chegar á meta de primeiro, mágoa que lle faltaron uns metros máis.)
QUERER + inf. (Quere chover.)

MODAIS


Obrigatoriedade
DEBER (DE) + inf. (Debes de estudar para os exames.)
HABER (DE) + inf. (Hei de pagar o IBI este mes.)
HAI QUE + inf. (Hai que estudar as perífrases antes do exame.)
TER DE + inf. (A empresa ten de ser autosuficiente e non requirir máis investimentos.)
TER QUE + inf. (O monarca ten que entrevistarse cos representantes parlamentarios.)

Hipótese
DEBER (DE) + inf. (Debe de proceder de países africanos.) 

HABER (DE) + inf. (Ha estar cansa despois de tantas horas de estudo.)
PODER + inf. (Pode que a selectividade xa non exista o vindeiro curso.)

ASPECTUAIS
Imperfectivas  
ANDAR + xer. / ANDAR A + inf. (O cóengo andaba lendo o teu libro.)
ESTAR + xer. / ESTAR A + inf. (Aí o vén, estouno vendo.)
IR + xer. (Foille aumentando a necidade.)
LEVAR + xer./ LEVAR A + inf. (Leva a facer das súas toda a vida.)
SEGUIR + xer. / SEGUIR A + inf. (Todos os tres seguen a bimar.)
SER A + inf. (Todos tres son a comentarme a súa deslealdade.)
VIR + xer. (Cumpriu todo aquilo co que viña ameazando.)

Incoativas 
COMEZAR / EMPEZAR A + inf. (Comezaron a apupalo axiña.)
BOTAR(SE) A + inf. (Botouse a amontoar os garavanzos.)
POÑER(SE) A + inf. (Puxéronse a preparar a comuñón.)
DAR EN + inf.: Deron en limpar a bixutería cunha baeta. 
BRINCAR, SALTAR, ROMPER, PEGAR A + inf.: Rompemos a aturuxar ó remataren a peza.

Perfectivas 
ACABAR ou REMATAR DE + inf. (Rematou de testemuñar daquela.)
VIR DE + inf. (Viñan de pescudar todo o ocorrido.) 
DEIXAR(SE) DE + inf. (Deixou de metrallar cando cesou o movemento.) 
DAR + part. (Non dou alugado a habitación.) 
LEVAR + part. (Xa levo apisoado tres cascudas.) 
TER + part. (Sinto non a ter cativado.) 

Reiterativas
TER + part. (Tenme avantaxado decote.)
VOLVER A + inf. (Se mo volves contar igual, créote.)

Terminativas  
CHEGAR A + inf. (Non chegaron a convocar a asemblea.)
VIR A + inf. (Por fin veu a saberse a verdade.)
ACABAR POR + inf. (Acabou por mastigar o po do deserto.)

*Tomado de Perífrases verbais.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*