9 narradoras galegas para estar á última este verán

0
1800

Cartel 9 narradoras bo

O horizonte das vacacións anima o afán lector e unha non sabe por onde comezar. Que está de moda na narrativa galega feita por mulleres? Hai un número suficiente de libros como  para que se poida falar de tendencias ou modas?

Boto unha ollada polas webs de referencia e o resultado é esta lista de 9 títulos publicados en 2016 e que agardan que ti e mais eu lles botemos unha lida. Por certo, canto hai que buscar nas webs para dar coas mulleres!

Como aínda os teño sen ler ordenareinos alfabeticamente polo título. Clicando nos títulos accederás á información que puiden atopar sobre cada unha das obras. Felices lecturas!

Aqueles días en que eramos malas de Inma López Silva

A boca do monte de Celia Díaz Núñez

Cara ao leste de Antía Nara

Catro cascarolos de Marilar Aleixandre

Corazón e demais tripas de Emma Pedreira Lombardía

Disparo de María Canosa Blanco

A dúbida de María Reimóndez

As horas roubadas de María Solar

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas

 

Se liches algún por que non nos contas que che pareceu?

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*