A dúbida – María Reimóndez

0
368

adubida

A dúbida de María Reimóndez. Xerais. 2016. 136 páxinas. Narrativa de ficción – aventuras. 16,65 €

XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia

Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de “A dúbida” desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con que a novela trata temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política son os argumentos que valorou o xurado da decimocuarta edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. En “A dúbida” a autora fai uso da súa experiencia como narradora para ofrecer unha historia que engancha a atención das lectoras e lectores e aborda, desde a denuncia social e a intriga, un tema pouco frecuente na literatura galega, escrita con pulsión literaria e rigor.

Presentación editorial

Crítica de Montse Pena Presas

Entrevista no Diario Cultural da Radio Galega

Noticia da entrega do premio en La Voz de Galicia

O premio no Caderno da Crítica de Ramón Nicolás

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*