As horas roubadas de María Solar. Xerais. 2016. 232 páxinas. Narrativa de ficción. 15 €
A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes da Lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello segredo e pola necesidade de cambiar as súas vidas. “As horas roubadas” é unha novela de personaxes que nos leva a través dos sentimentos de varias xeracións nunha época onde vivir sen ataduras era unha tarefa pendente. Unha historia que demostra que non hai idade para o amor, e que cando non facemos nada por mudar as cousas, algo insospeitado pode facer que cambien. Para sempre.
Presentación editorial.
Entrevista á autora en Radio Obradoiro
Entrevista á autora en RNE Bilbao (en castelán)
Entrevista á autora no programa A Revista da TVG
Entrevista á autora no Diario Cultural da Radio Galega
Entrevista á autora no programa Galicia por diante da Radio Galega
Entrevista á autora no programa ZigZag da TVG
Presentación da versión en castelán do libro en vídeo