Cara ao leste – Antía Nara

1
698

9788499149721

Cara ao leste de Antía Nara. Xerais. Vigo. 2016. 152 páxinas. Narrativa de ficción. 16,65 €

O velorio é un tempo de recollemento, de asumir o dó mediante os recordos dun pasado que axudan a levar a perda. Só que a mirada atrás se bota desde un presente que dá conta dunha traxectoria chea de medo, de represión, de fuxida ou o de conformismo polo que non puido ser. Na sala, nunha fría noite de xeada de febreiro, catro mulleres acompañan a última noite de Isolina, a finada. Nas longas horas debullan os momentos pasados que as uniron e que delatan a procura dunha vida mellor. Reencóntranse tras moitos anos logo de que, a raíz dun incendio, as súas vidas transcorresen por camiños diferentes. Durante o velorio non están soas, a aldea eterna enfróntase unha vez máis á morte coa súa propia idiosincrasia, mais esta vez algo alterada pola desaparición dun veciño, un feito novo, incomprensible para o que ten que ser. O velorio é un momento onde a comunidade dividida ten a derradeira oportunidade para se redefinir nun exercicio de recoñecemento mutuo. Compártese o que separa sen deixar fluír o máis profundo antes de que chegue a luz do día e devolva a cada unha ao mundo cotián en que habita. Cara ao leste propón unha reflexión incómoda sobre o punto de partida e o dilema que leva á procura de novos territorios.

Presentación editorial

Crítica de Armando Requeixo

Crítica de Chus Nogueira

Crítica de Dolores Martínez Torres

Crítica de Marta Resille

Crítica de R. L.

Crítica de Ramón Nicolás

Crítica de Trafegando Ronseis

Crítica de Vicente Araguas

Crítica de Xosé Manuel Eyré

Entrevista no Diario Cultural da Radio Galega

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*