Catro cascarolos – Marilar Aleixandre

0
1383

catro cascarolos

Catro cascarolos de Marilar Aleixandre. Xerais. Colección Sopa de Libros. 2016. 64 páxinas. Narrativa infantil. 10 €

Catro cascarolos, de Marilar Aleixandre, é unha novidade da colección Sopa de Libros, recomendado a partir de 6 anos en diante. Está ilustrado por Enjamio.

Había unha vez catro cascarolos, catro caracoliños que eran irmáns. Chamábanse Cascarolo, Carolo, Arolo e Rolo. Vivían nunha cidade, na Alameda, entre as raiceiras dun gran loendro. Eran moi felices, pero un día chegaron uns obreiros, e comezaron a cubrir os camiños do parque con lousas de pedra, e a tomar as lousas con cemento. Xa non poderían agocharse, terían que marchar.

Presentación editorial

Crítica de Ramón Nicolás

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA