Disparo – María Canosa Blanco

0
1811

disparo-de-marc3ada-canosa liña

Disparo de María Canosa Blanco. Edicións Embora. 2016. 120 páxinas. Narrativa de ficción. 15 €

Un disparo produce un ruído tan enxordecedor que pode provocar reaccións inesperadas nas persoas. Bloquéaas, petrifícaas co medo, fainas botar a correr… Son imprevisibles.  As detonacións que mudan a vontade non só saen das armas de fogo: un accidente, un desamor, un desafiuzamento,… o paro. A fortaleza de cada un non só se precisa para superar o contratempo. É imprescindible tamén sortear as miradas dos demais e a incomprensión.

DisParo é o retrato dunha desas burbullas que nacen cos atrancos, nas que a óptica do mundo muda completamente en función do lado que nos toque en sorte ocupar.

Presentación editorial

Crítica de Ramón Nicolás

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA