Ciclicamente todos os setembros

0
1299

setembro

Ciclicamente todos os setembros sucédense unha serie de fenómenos para unha porcentaxe cada vez máis alta de profesorado:

  1. Corrixes os exames de setembro, deseñados en xuño cos mínimos minimísimos da materia e comprobas que, non é que case non aprobase ninguén senón que o resto o fixeron infinitamente peor que en xuño.
  2. Asistes a reunións de avaliación onde un grupo de profesionais procuran no fondo das súas notas do curso argumentos cos que poder chegar a argumentar un aprobado que non existe.
  3. Atendes a nais e pais que confiando no xuramento dos seus fillos de que lles saíu ben súper ben veñen demostrar que corrixiches mal súper mal porque esa é a única saída que queda antes do desastre da repetición.
  4. Recolles as túas cousas e deixas baleiro o armario.
  5. Despides compañeiros de traballo e non te despides daqueles cos que coincidiches no concepto da nosa profesión, na metodoloxía e nos risos de xantares e recreos coa promesa imposible de cumprir de non perder o contacto.

*Dedicado ás miñas opositoriñas.

 

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA