Imaxe vía Fleshmap.

 

A CABEZA

partes_do_corpo_2
Imaxe de Wikibooks.

o curuto;

a cara, o rostro, a face ou a faciana;

a fronte;

a tempa, sen ou vidalla;

a orella;

o ollo; a cella; o cello; a pálpebra; a pestana; o iris; a pupila ou meniña do ollo;

a fazula ou meixela;

a bochecha ou o pómulo;

o nariz; as ventas do nariz;

a boca; o beizo ou labio; o dentame, a dentadura ou a dentición; o dente; o cairo; a moa (moa do xuízo ou moa do siso); a lingua; o padal ou ceo da boca; o veo do padal; a campaíña ou úvula; a gorxa;

o queixo; a queixada (rexión da meixela que se corresponde coa mandíbula);

a papada, o papo (papo da cara) ou a papeira;

o colo ou o pescozo (non se pode utilizar pescozo para as prendas de roupa); a noz; a caluga ou noca.

O TRONCO

partes_do_corpo_3
Imaxe de Wikibooks.

o ombreiro ou ombro;

a axila ou sobrazo;

as costas; a omoplata; o lombo (dende os ombreiros ata a cintura); o cadril (parte baixa a continuación do lombo, pl. os cadrís);

o cu; a nádega ou cacha; a regaña do cu; o ano, o fecho ou o ollo do cu;

o peito (xenérico); o peito, o seo, a teta ou a mama; a mamila ou o bico do peito; a aréola;

o ventre ou abdome; o van ou a cintura; o embigo; a barriga; a cadeira;

a pube; a vulva (coloq. a cona); o pene (coloq. o carallo): o testítulo (coloq. o collón ou o ovo).

partes_do_corpo_1
Imaxe de Wikibooks.

O BRAZO

o cóbado; o antebrazo;

o pulso; a man; o dorso da man; a palma da man; o coteno, cotelo ou cotobelo; a unlla; a xema do dedo;

os dedos; o polgar, matapiollos ou cachapiollos; o índice, mostreiro ou furabolos; o corazón, maior ou pai de todos; o anular, mediano, medianiño ou dedo do aro; o maimiño ou pequeniño.

A PERNA

a ingua, éngoa ou virilla;

a coxa;

o xeonllo; a sofraxe

a canela; o papo da perna; o nocello, o noelo ou o tornecelo;

o pé; a empeña; a deda; a planta do pé; o calcaño, o calcañar ou a calcañeira.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*