Data da proba: mércores 19 de outubro de 2016
Materia:
-
Que é o alfabeto? Cales son as letras do alfabeto galego. Indica cinco letras que coñezas que non pertenzan ao alfabeto galego pero que si usamos en palabras tomadas doutros idiomas.
-
Que é unha letra? Soletrea palabras dadas escribindo o nome de cada letra. Que é un dígrafo? Cales son os dígrafos do galego?
-
Indica os cinco elementos do acto comunicativo en situacións de comunicación dadas.
-
Que é un enunciado? Indica nun conxunto de secuencias lingüísticas cales son enunciados e cales non.
-
Explica os seis tipos de enunciados segundo a intención comunicativa.
-
Indica nun conxunto de enunciados o seu tipo segundo a intención comunicativa.
-
Que é unha palabra? Que é unha frase? Que é unha oración? Que é un parágrafo? Que é un texto?
-
Indica nun conxunto de textos se son literarios ou non.
-
Que tres xéneros literarios podemos diferenciar? Indica características do texto narrativo. Indica características do texto dramático. Indica características do texto lírico.
-
Léxico: o corpo (menos os exercicios de fraseoloxía da man), o instituto, os animais, ONG (organización non gobernamental), abolir, desenvolver, desenvolvemento (desenvolvemento industrial, económico, etc.), países en vías de desenvolvemento, desenrolar.
Formas en que se pode preguntar o léxico:
-
Dada unha definición dar a palabra correcta.
-
Dada unha palabra, escribir un sinónimo ou un antónimo.
-
Escribir unha oración cunha palabra dada.
-
Escribir un campo semántico.
-
Escribir un texto no que se inclúan unhas palabras dadas.