redimensionada
Esta é a imaxe de grupo dos que quedamos ata o final.

Hoxe reunímonos en Compostela os membros de Prolingua para ter unha nova reunión, non estamos todos na foto porque a xuntanza se estendeu e houbo xente que non puido quedar ata o final. Para envexa doutros, na reunión de prolingüeiros tivemos á mesma mesa a dous premios nacionais de literatura, Paco Martín e Xabier Docampo.

Parecía que fora onte pero xa van 7 anos dende aquela primeira asemblea o 3 de outubro de 2009 que recollía o tristemente desaparecido portal Vieiros.

prolinguaprimeiraasemblea
Clica para ver a imaxe as tamaño orixinal.

E un dos prolingüeiros maiores (porque o outro será sempre Xabier P. Docampo), o noso Agustín, na lembraza de todos, e acordeime daquela Homenaxe Nacional que se lle rendera o 30 de xuño de 2012 en Vigo, e pensei que ben está facer as cousas cando son de facer, así es ti quen lle marca os tempos á vida e non ao revés.

Xa deron conta da xuntanza Xabier P. Docampo no seu blog e a propia conta de Prolingua no Facebook.

xabier

Pouco máis teño eu que engadir á súa crónica, Paco Fernández Rei, Santiso, Xosé Antón e Malores deron cumprida conta do feito, e falamos, analizamos e proxectamos para seguir traballando PRO LINGUA, iso si, todo adubiado coa arte verbal do prolingüeiro maior que moito nos fixo rir a todos coas súas anécdotas lingüísticas, sonche privilexios de termos a ese “contacontos” entre nós.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA