Este é o primeiro vídeo do novo disco de Guadi Galego titulado O mundo está parado. O tema titúlase Cedeira e pretende ser unha homenaxe á súa comunidade de nacenza.

 

guadigalego
Fotografía tirada da web da UVI.

@guadigalego

Durante 10 anos formou parte do grupo Berrogüetto. Posteriormente gravou discos con Nordestinas, aCadaCanto e Espido.

O mundo está parado (2016) é o seu terceiro disco en solitario despois de Lúas de outubro e agosto (2014) e Benzón (2009).

Ten recibidos numerosos galardóns, o último é o Premio Martin Códax á Canción de Autor en 2016.

O mundo está parado inclúe 10 temas: 6 escritos por ela, 3 por Carlos Abal e 1 por Pachi García.

 

guadi-galego-o-mundo-esta-parado

Nesta imaxe podes ver todo o que inclúe o paquete do disco por tan só 20 euros consegues, vinilo, fotografía e CD. Deste xeito quere facer unha chiscadela para fidelizar os seus seguidores. A fotografía está tirada da web Son de Pau publicada por Eloi e Pilar, unha páxina que che recomendo se queres descubrir o mundo da percusión tradicional galega.

De seguido podes ver a entrevista de Marta Gómez a Guadi Galego no Zigzag da TVG emitida o 2 de novembro de 2016.

TES UNHA CITA

Cando?

14 de decembro – Apunta esta data na túa axenda, tes o Concerto de Nadal da Universidade de Vigo no que Guadi Galego vai presentar oficialmente o seu novo traballo.

Onde?

No Teatro Afundación de Vigo.

Con quen?

Con Guadi Galego mais os seus convidados: Abe Rábade (piano), Anxo Pintos (multiinstrumentista), Santi Cribeiro (acordeón), Anxo Angueira (escritor), Pablo Pascual (clarinetista), Sonia Lebedynski (voz) e Javier Ruibal.

______________________

Documentación empregada na que podes atopar máis información:

Entrevista de Marta Gómez a Guadi Galego no Zigzag da TVG

Entrevista de Monse Dopico a Guadi Galego en praza.gal

Entrevista no Diario de Ferrol

Guadi Galego na Wikipedia

Noticia da saída do disco en Cultura Galega

Noticia da saída do disco en Fol Música

Noticia da saída do disco en Son de Pau (a máis completa)

Texto do CPI de Maside

2 COMENTARIOS

  1. Boa tarde:

    Grazas por facer referencia o noso artigo sobre o novo disco de Guadi Galego.
    A túa mención tamén serviu para que chegáramos ata esta web.
    Enhoraboa polo traballo, a verdade e que tes un montón de recursos ben interesantes.

    Un saudo

    Pilar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*