tiradavilaclaseb
Viñeta de Luis Davila.

Data da proba: xoves 15 de decembro de 2016

Materia:

  1. Que é o alfabeto? Cales son as letras do alfabeto galego. Indica cinco letras que coñezas que non pertenzan ao alfabeto galego pero que si usamos en palabras tomadas doutros idiomas.

  2. Que é unha letra? Soletrea palabras dadas escribindo o nome de cada letra. Que é un dígrafo? Cales son os dígrafos do galego?

  3. Indica os cinco elementos do acto comunicativo en situacións de comunicación dadas.

  4. Que é un enunciado? Indica nun conxunto de secuencias lingüísticas cales son enunciados e cales non.

  5. Indica nun conxunto de enunciados o seu tipo segundo a intención comunicativa.

  6. Divide palabras en sílabas, subliña a sílaba tónica, indica a presenza de hiatos e ditongos e finalmente clasifica cada palabras segundo a acentuación en aguda, grave ou esdrúxula.

  7. Acentúa un texto dado.

  8. Identifica mediante determinantes ou adxectivos o xénero dos substantivos.

  9. Crea estruturas comparativas.

  10. Léxico: o corpo humano, o instituto, os animais, os oficios e as profesións, a vestimenta (inclúese o léxico do artigo da revista), ONG (organización non gobernamental), abolir, desenvolver, desenvolvemento (desenvolvemento industrial, económico, etc.), países en vías de desenvolvemento, desenrolar.

Formas en que se pode preguntar o léxico:

  • Dada unha definición dar a palabra correcta.

  • Dada unha palabra, escribir un sinónimo ou un antónimo.

  • Completar un texto coas palabras que falten.

  • Escribir unha oración cunha palabra dada.

  • Escribir un campo semántico.

  • Escribir un texto no que se inclúan unhas palabras dadas.

– Recórdase que a parte do exame correspondente á expresión escrita xa se realizou no exame do libro e que na proba deste xoves se avalían a gramática e o léxico.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA