ENTREGA 1 – As noticias do ano (no caderno)
Tes que procurar as noticias máis importantes de 2016 a nivel galego, español e mundial. Tes que escribir o titular da noticia no teu caderno e a fonte onde a atopaches. Na clase deberás saber explicar as que para ti foron as 12 noticias máis importantes de 2016.
ENTREGA 2 – Redes sociais 1 (no caderno)
Podes atopar esta tarefa clicando aquí.
ENTREGA 3 – Redes sociais 2 (no caderno)
Podes atopar esta tarefa clicando aquí.
ENTREGA 4 – Fontes de información 1 (no caderno)
1. Por parellas (se un membro da parella suspendeu a 1ª avaliación e outro aprobou, esta actividade ten que apuntala no seu caderno o que suspendeu) escolledes unha noticia que coñezades da semana pasada e anotádela no caderno. Explicades tamén no caderno en que consistiu a noticia.
2. Explicades no caderno como soubestes desa noticia (a través de que persoa ou medio de comunicación).
3. Elaborades unha listaxe das diferentes maneiras en que unha persoa se pode informar dunha noticia, de algo importante que aconteceu ou está a acontecer. Para esta actividade non pensamos só no século XXI senón que imos anotando tamén todas aquelas formas de se informar ao longo da historia.
ENTREGA 5 – Atopamos información 1 (no caderno)
1. Por parellas (se un membro da parella suspendeu a 1ª avaliación e outro aprobou, esta actividade ten que apuntala no seu caderno o que suspendeu) tedes que atopar na páxina web do instituto o enderezo de correo electrónico do IES da Pobra do Caramiñal. Para isto tedes que ir anotando no caderno cada un dos pasos que destes para chegar a esa información, todos.
2. Procurade a páxina oficial do voso concello. Logo localizade o nome da exposición que hai agora mesmo na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, cando se inaugurou e ata cando se pode visitar. Anotade todos os pasos no caderno.
ENTREGA 6 – Atopamos información 2: Entroido (individual, no caderno)
1. Cal é a páxina con mellor información sobre o entroido galego? (Explica os pasos que deches para chegar a esa información)
2. Que entroidos en Galicia teñen consideración de festa de interese turístico nacional? (Explica os pasos que deches para chegar a esa información)
3. Que entroidos en Galicia teñen consideración de festa de interese turístico galego? (Explica os pasos que deches para chegar a esa información)
4. O luns de Entroido na Pobra do Caramiñal houbo un obradoiro de Máscaras do entroido galego. As persoas participantes puideron realizar máscaras dos peliqueiros, cigarróns, pantallas, xenerais, etc. Indica a que entroido pertence cada unha desas personaxes. (Explica os pasos que deches para chegar a esa información)
ENTREGA 7 – Fontes de información 2: Cantos exemplares hai de Escarlatina, a cociñeira defunta na biblioteca do noso IES? (individualmente no caderno)
1. Ide á páxina da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia a partir de aí xa é cousa vosa. Anotade os pasos que dades para atopar a información e a solución á pregunta.