A seguinte tarefa consite en engadir tres entradas máis (como mínimo) no noso blog,. A primeira delas deberá incluír unha imaxe, a segunda un vídeo e a terceira dúas ligazóns. Ademais deberás etiquetar correctamente as entradas do teu blog.

  • Crea unha entrada no teu blog na que insiras unha imaxe Creative Commons do Barbanza, para iso déixoche este vídeotitorial que explica como inserir unha imaxe en Blogger.

  • Crea unha entrada no teu blog na que insiras un vídeo de YouTube que trate en galego dalgunha noticia recente no Barbanza, para iso déixoche este vídeotitorial que explica como inserir un vídeo de YouTube en Blogger.

  • Crea unha entrada no teu blog na que insiras o nome do noso centro (cunha ligazón á súa páxina web) e o logotipo do noso centro (cunha ligazón á súa páxina web). Ademais nesa entrada deberás incluír información dalgunha noticia sobre o noso centro que saíse nos medios de comunicación e incluír unha ligazón a ela.  Para iso déixoche este vídeotitorial que che explica como inserir ligazóns en Blogger.

  • Etiqueta correctamente o teu blog, para iso déixoche este vídeotitorial que explica como inserir etiquetas en Blogger.

*Por se desexas ampliar os teus coñecementos en Blogger, déixoche a ligazón ao Curso de Blogger completo de Laura que inclúe 56 vídeos.

2 COMENTARIOS

Deixa una resposta a CONVOCATORIA DE SETEMBRO LINGUA E ITI | A profa Cancelar a resposta