Nesta última fase imos ter que realizar tres tarefas:

1) Modificamos o aspecto do noso blog como explicamos na aula. Para iso podes valerte do seguinte titorial.

2) Creamos unha entrada na que publicamos un enlace ao documento do noso portfolio lector (esta tarefa o alumnado de agrupamento non ten que realizala).

3) A nosa entrada final a modo de resumo do que aprendemos este curso. Imos publicar unha entrada na que analicemos unha noticia de actualidade. Temos que resumir o contido da noticia con indicación de, polo menos, dúas fontes diferentes. Na entrada deberemos incluír unha imaxe con licenza Creative Commóns que garde algún tipo de relación coa noticia. Enlazamos mediante hiperligazón un elemento do texto da noticia con algunha entrada da Galipedia. E por último ofrecemos a nosa opinión sobre esa noticia. Non esquezades revisar o texto e pasarlle o corrector.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA