hatena-1184896_1280Mantense a proba do día 15 que consistirá na construción dun texto escrito atendendo ás técnicas de elaboración de textos que fomos aprendendo ao longo do curso.

Debido ao axustado do calendario e á anulación dun novo exame de verbos, nesta proba incluirase como práctica de gramática unha pregunta de 2 puntos sobre verbos xa realizada no seu momento na que se aplicará a nota proporcional obtida no seu momento por cada alumna e alumno no exame de verbos. Isto significa que, se non hai unha decisión en sentido contrario, non ser realizarán máis probas de coñecemento dos verbos.

A parte correspondente á sociolingüística, debido á anulación da proba do día 13, se non hai unha decisión en sentido contrario, non se avaliará mediante proba senón a través das exposicións de grupo.

ESTRUTURA DA PROBA

1. Elaboración de esquema de ideas numerado: (2 puntos)

Bonificación

  • 5 ideas ou máis (1 punto)
  • Organización lóxica das ideas (1 punto)

Penalización

  • Introdución e Conclusión (a súa ausencia no esquema ten penalización de nota, -1 punto).

2. Elaboración do texto: (6 puntos)

Bonificación

  • Introdución (adianta contidos e non define) (1 punto)
  • Conclusión (recompila as principais ideas do texto e formúlaas sen repetir as palabras do texto) (1 punto)
  • Distribución de contidos (cada idea do esquema está desenvolta en cadanseu parágrafo ou parágrafos e non se repiten ao longo do texto) (1 punto)
  • Pertinencia dos contidos (as ideas expresadas no texto están directamente relacionadas co tema proposto) (1 punto)
  • Utilízase un vocabulario rico e variado que evita a repetición de palabras e/ou expresions. (1 punto)
  • Utilízanse correctamente conectores variados (1 punto)

3. Verbos: (2 puntos)

Esta pregunta NON SE REALIZA NO MOMENTO DO EXAME, nela aplicarase a nota proporcional do control de verbos.

*No exame aplicaranse os criterios habituais de corrección (marxes, borranchos, faltas de ortografía) cunha penalización que non poderá superar os 2 puntos.

 

2 COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*