nena-estudandoLINGUA GALEGA

  1. A única proba pendente vai ser o exame do día 15 de xuño que xa estaba programado.
  2. Anúlanse as seguintes probas: exame de sociolingüística, repesca de verbos e traballo de grupo sobre a diversidade lingüística. No exame do día 15 haberá unha pregunta de 2 puntos correspondente ao coñecemento gramatical na que se contará a parte proporcional do exame de verbos, deste xeito ninguén terá problemas para realizar a media de nota da materia a causa desa nota.
  3. O luns 19 de xuño a persoa secretaria do grupo 1 de cada aula recollerá as follas de rexistro pendentes de entregar de todos os grupos da súa aula e entregaraas na conserxería do aulario 3 (a Carlos ou á conserxe que estea alí) antes das 12.40 (remate do primeiro recreo). Non se recollerán follas de rexistro con posterioridade.
  4. O alumnado deberá cubrir o cuestionario final da materia para poder aprobar entre o venres 16 e o martes 20 de xuño. A ligazón ao cuestionario colgarase no prazo sinalado nesta mesma entrada do blog. O alumnado só sinalará o seu nome para identificar a realización dos cuestionarios, o resto de contidos terán carácter anónimo.

CUESTIONARIO DE LINGUA

AVISO: As persoas que entregaron o cuestionario e non xustificaron as escollas nas preguntas que o requirían deben repetilo. Se o cuestionario pon “xustifica a resposta” hai que xustificala, evidentemente.

ITI

  1. O domingo 18 remata o prazo para as entregas pendentes de ITI como xa estaba programado, non cambia nada.
  2. Anúlase a cualificación por parte do alumnado do resto de blogs.
  3. O alumnado deberá cubrir o cuestionario final da materia para poder aprobar entre o venres 16 e o martes 20 de xuño. A ligazón ao cuestionario colgarase no prazo sinalado nesta mesma entrada do blog. O alumnado só sinalará o seu nome para identificar a realización dos cuestionarios, o resto de contidos terán carácter anónimo.

CUESTIONARIO DE ITI

(solucionado o problema de acceso)

TITORÍA 1 ESO A

O alumnado deberá cubrir o cuestionario final da titoría entre o venres 16 e o martes 20 de xuño. A ligazón ao cuestionario colgarase no prazo sinalado nesta mesma entrada do blog. O alumnado só sinalará o seu nome para identificar a realización dos cuestionarios, o resto de contidos terán carácter anónimo.

CUESTIONARIO DE TITORÍA DE 1A

*Esta información non foi enviada antes porque estabamos pendentes do profesorado substituto.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*