setembro

CONVOCATORIA DE SETEMBRO DE LINGUA

A – O alumnado que non tivese aprobado os libros de lectura ao longo do curso deberá entregarlle á profesora o día do exame extraordinario de setembro antes do comezo do exame (1 de setembro) unha ficha de lectura de cada un dos tres libros. As fichas deberán ir dentro dunha  funda de plástico identificada con etiqueta na que aparezan nome, apelidos e curso da/o alumna/o.

A ficha de cada libro debe conter os seguintes apartados:

1. Datos da obra (autor, título, xénero, etc.).

2. Un resumo por capítulos (ou contos).

3. Temas principais e secundarios da obra.

4. Valoración persoal e xustificada da lectura (mínimo 3 parágrafos).

B – O alumnado que non tivese realizado o seu portfolio ao longo do curso e que teña aprobado a materia de ITI en xuño deberá entregarlle á profesora o día do exame extraordinario de setembro antes do comezo do exame (1 de setembro) unha copia impresa do seu portfolio lector que ir dentro dunha  funda de plástico identificada con etiqueta na que aparezan nome, apelidos e curso da/o alumna/o.

C – A proba extraordinaria de setembro constará de catro apartados:

1. Unha pregunta na que o alumnado deberá realizar o esquema dun texto escrito dado un tema previo de carácter xeral.

2. Unha pregunta na que o alumnado deberá redactar texto escrito correspondente ao esquema da pregunta anterior.

3. Unha pregunta de léxico relativa ás palabras e expresións utilizadas ao longo do curso.

4. Unha pregunta de gramática que pode conter cuestións de acentuación gráfica, xénero e/ou número.

CONVOCATORIA DE SETEMBRO DE ITI

A – Do mesmo xeito que ao longo do curso, a materia superarase tamén na convocatoria de setembro por tarefas. O alumnado deberá abrir o seu propio blog en Blogger e recoller nel as súas producións.

*Lembrade que todas as imaxes deberán ou ser propias (para iso debedes indicalo na entrada) ou ter licenza Creative Commons (para iso debedes inserir na entrada unha ligazón á páxina da que procede a imaxe).

– TAREFA 1: Creamos o noso blog en Blogger 1

– TAREFA 2:  Creamos o noso blog en Blogger 2

– TAREFA 3:  Creamos o noso blog en Blogger 3

– TAREFA 4:  Creamos o noso blog en Blogger 4

– TAREFA 5: Busca tres noticias recentes (últimos tres meses) que teñan que ver coas redes sociais e que sexan positivas. Crea no teu blog unha entrada titulada “As redes sociais en positivo” e resume as tres noticias, en cada unha delas insire a ligazón ao medio de comunicación onde a atopaches (teñen que pertencer a tres medios de comunicación diferentes). Por último escribe un parágrafo dando a túa opinión sobre cada unha das tres.

– TAREFA 6: Crea unha entrada no teu blog titulada “Literatura xuvenil no IES da Pobra do Caramiñal” e nela recomenda dez títulos de literatura xuvenil que atopes na biblioteca do noso instituto, para atopalas deberás ir á páxina da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia a partir de aí atopar a páxina da nosa biblioteca.

– TAREFA 7: Crea unha entrada no teu blog e escribe nela as diferentes fontes de información (primarias e secundarias) que poderiamos utilizar á hora de realizar un traballo sobre un tema determinado.

– TAREFA 8: Crea unha entrada no teu blog na que lle ofrezas a un turista adolescente toda a información necesaria para pasar unha fin de semana na Pobra do Caramiñal. Debes incluír imaxes das túas propostas e tamén ligazóns ás páxinas coa información necesaria.

B – O prazo para realizar o teu blog coas tarefas remata o día 1 de setembro ás 08:30. Antes dese día deberás entregar o teu traballo enviando un correo co enderezo web do teu blog a pilarponte@iespobra.com.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA