Marconi co seu sistema técnico que incluía un transmisor de radio, un receptor coherente, unha tecla telégrafo e un rexistro telegráfico para gravar as mensaxes recibidas no código Morse.

1. Anota neste momento a última noticia que che contase alguén.

2. Escribe o que saibas dela.

3. Localiza como soubo a túa persoa informante desa nova.

4. Agora investiga ti sobre esa noticia, conseguiches máis información? Era de mellor calidade?

5. Elabora unha listaxe  das diferentes maneiras en que unha persoa se pode informar dunha noticia, de algo importante que aconteceu ou está a acontecer neste momento.

6. Elabora unha listaxe das diferentes maneiras en que unha persoa se podía informar dunha noticia fai 50 anos (1967).

7. Elabora unha listaxe das diferentes maneiras en que unha persoa se podía informar na Idade Media.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*