Hoxe na aula de 1C estivemos falando sobre o concepto I+D e o seu significado, Investigación e Desenvolvemento. O caso é que, por unha casualidade, fun dar cun exemplo real na Pobra do Caramiñal e tráiovolo aquí para que vexades que non se trata de conceptos económicos abstractos senón pegados tamén á nosa realidade.

Trátase do departamento de I+D da empresa galega de conxelados Congalsa situada no Polígono Industrial A Tomada. Déixovos a captura de pantalla para que vexades o que din sobre I+D e tamén unha ligazón por se queredes visitar a súa web.

 

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA