Para a segunda sesión de clase da semana do 9 de outubro deben estar realizadas as 5 primeiras actividades, o resto iranse facendo segundo vaiamos progresando na aula.

TAREFA DE LINGUA 4 – Resolve as seguintes cuestións no teu caderno (podes consultar as páxs. 24 a 26 do libro de texto):

4.1. Que se necesita para poder falar de comunicación?

4.2. Sinala cales son o código, a emisora, a mensaxe, a receptora e a canle cando lle envías un whatsapp a unha amiga.

4.3. Define: palabra, frase, oración, parágrafo, texto e enunciado.

4.4. Podemos diferenciar 6 tipos de enunciados (enunciativos, interrogativos, exclamativos, dubitativos, desiderativos e exhortativos). Pensa 3 situacións da túa vida na que empregues cada un deses tipos.

4.5. Realiza os exercicios do libro de texto: páxs. 27 (6, 7), 30 (2, 6).

4.6. Realiza os exercicios do libro de texto: páxs. 30 (9, 10, 19, 20, 21), 32 (6).

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA