De seguido detállase as actividades da Tarefa 6.

TAREFA DE LINGUA 6 

6.1. Imos achegarnos ao léxico dos animais (pp. 44-45). Para iso imos facer os exercicios das páxinas 44 e 45.

No exercicio 1 copia no teu caderno o nome do animal en masculino e feminino e o nome da cría correspondente. Por exemplo: porco / porca – bacoriño ou leitón.

No exercicio 2 copia no teu caderno as parellas de animal e vivenda. Por exemplo: coello – tobeira.

No exercicio 3 copia no teu caderno as parellas de animal e son. Por exemplo: vaca – muar.

No exercicio 4 subliña os nomes dos animais.

No exercicio 5 copia no teu caderno as parellas de sinónimos. Por exemplo: porco bravo – xabaril.

No exercicio 6 indica o nome do insecto.

No exercicio 4 da páxina 52 formamos nomes de animais.

6.2. Seguimos practicando o xénero (páx. 49, ex. 2, 3).

6.3. Seguimos practicando o número (páx. 49, ex. 4).

2 COMENTARIOS

Deixa una resposta a Pablo rey Cancelar a resposta