Comparto o documento (que non presentación, tan só uns apuntamentos en formativo presentación) que utilicei estas últimas semanas no curso Programacións didácticas para Infantil-Primaria e Secundaria organizado pola AS-PG e CIG-Ensino. Esta experiencia docente levoume pola Coruña, Ourense e Vigo a falar de programacións e unidades didácticas con profes e profas moi preparados e interesados. É un pracer traballar así. Deséxolles toda a sorte do mundo nas oposicións, oxalá nos atopemos nas aulas!

4 COMENTARIOS

  1. Si a verdade que foi un curso de moito proveito. En só oito horas foches quen de condensar unha explicación moi precisa de como enfocar unha P.D. e unha programación de aula coas unidades didácticas. A min axudoume a me quitar de enriba dúbidas que por min mesmo non era quen de clarexar. Grazas e saúdos

    • Esa era a intención, que fose unha sesión de proveito. Moitas grazas polas túas palabras e moita sorte e ánimo para as oposicións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA