Temos no libro de texto un exercicio que consiste en colocar pezas de roupa nun armario e deseguida houbo quen dixo na clase que era imposible que coubese todo. Iso lembroume que este verán estivera a ver un vídeo sobre como dobrar a roupa coa proposta dunha xaponesa chamada Marie Kondo.

Esta moza desenvolveu un método de organización que plasmou en catro libros sobre a arte de organizar. Deles o máis coñecido é o chamado A maxia da orde que se ten convertido nun supervendas con millóns de exemplares vendidos en todo o mundo. Baseado dunha banda na importancia do valor emocional das cousas e doutra banda no minimalismo, Marie Kondo está a triunfar no seo de sociedades onde se dá a acumulación superflua de bens. Déixovos un resumo animado do que vén ser a filosofía de organización desta consultora de organización e de paso aproveitamos para ver que ben entendemos o portugués sabendo galego.

Despois de ver o vídeo resume o seu contido no teu caderno e dá a túa opinión sobre este sistema de organización.

1 comentario

Deixa una resposta a Tarefa de Lingua 7 – A roupa | A profa Cancelar a resposta