Como moitos de vós me pedistes axuda co tema de capturar as pantallas, envíovos algunhas opcións para facelo.
Hai moitas formas de realizar capturas de pantalla, cada pouco saen novas extensións ou aplicacións que serven para este fin e que van engadindo novas funcións sobre todo relacionadas co tratamento posterior da imaxe rescatada.
Vouvos indicar 4 formas de capturar a pantalla nun ordenador, as dúas primeiras non implican a descarga de ningunha aplicación e as dúas últimas si.
4. Premer a tecla de ‘Impr Pant’: gardas a captura no portapapeis pero logo tes que pegalo nun documento novo. Non é moi práctico. (Eu esta non a uso.)
3. Coa ferramenta ‘Recortes’ de windows: atópase dentro de Accesorios do Sistema, tamén se pode atopar facendo unha busca da palabra Recortes”. (Eu esta non a usaba pero esta semana, o martes 9, saca windows unha actualización de Recortes que a vai facer unha ferramenta máis completa. Déixovos un titorial da versión actualizada. Se vai tan ben como a pinta quizais esta pase a ser a miña preferida.)
2. Coa ferramenta ‘Nimbus Screenshot & Screen Video Recorder’: serve para facer capturas de imaxe que despois se poden editar e tamén para realizar capturas de vídeo. (Eu uso esta dentro do navegador.)
1. Coa ferramenta ‘Jing’: É algo peor que Nimbus pero ofrece a vantaxe de que funciona fóra do navegador de maneira que permite capturar o escritorio ou realizar pantallazos de calquera outro programa ou aplicación tanto completas como de tamaño personalizado. (Eu uso esta fóra do navegador.)