ITI TAREFA 9

*O alumnado con ACI realizará as actividades 9.1, 9.2 e 9.3.1

9.1. Decidir a palabra que identifica o ano que remata é volver a pensar nel e revivilo. Volve a pensar no ano 2018 e pensa unha palabra que o defina. Clica na imaxe superior, vai á páxina do Portal das Palabras e envía a túa palabra.

Logo escribe a túa palabra do ano no teu caderno e explica a que se debe a túa elección.

9.2. Dende cando temos Palabra do Ano en galego? Indica as palabras do ano que houbo ata agora co ano correspondente.

9.3. Agora investiga na rede.

9.3.1. Indica tres idiomas nos que exista a palabra do ano.

9.3.2. Sinala a palabra do ano nos últimos 5 anos en tres linguas diferentes.

9.3.3. Onde e cando comezou a tradición da palabra do ano? Quen a comezou?

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA