Que unha revista en galego chegue ao número 1000 merece cando menos o noso recoñecemento público, que o faga ao longo de 38 anos e nun ámbito non maioritario ou esperado como podería ser a lingua ou a literatura, xa é digno de admiración.

Grazas á comunidade de crentes galegos da Revista Irimia pola súa constancia dende 1981 no apoio á nosa lingua no ámbito da relixión católica de base.

Centrados noutras áreas da cultura, moitas veces esquecemos a importancia de que o galego permaneza en todos os ámbitos da sociedade, tamén no relixioso.

Como sinala o teólogo Andrés Torres Queiruga na Tribuna da Real Academia Galega, parabéns por eses “Mil números, que soan a chirimía na catedral da cultura galega.”

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA