A primeira tarefa da terceira avaliación vai ser crear un blog propio en Blogger coa nosa conta @iespobra.com.

Para saber como facelo, mira o seguinte vídeo e vai seguindo as instrucións, ánimo que é moi doado!

En Creamos o noso blog en Blogger 1 aprendemos:

  1. A entrar na nosa conta de Blogger.
  2. A crear o noso perfil.
  3. A poñerlle nome e enderezo ao noso blog.
  4. A escoller un tema (neste caso o “sinxelo”) para o blog.
  5. A coñecer a pantalla de administración do blog.

En Creamos o noso blog en Blogger 2 aprendemos:

  1. A coñecer a pantalla de edición de Blogger.
  2. A crear entradas de texto. Lembra que tes que ter neste momento 2 entradas no teu blog: 1ª A miña primeira entrada / 2ª Unha entrada de contido libre inventada por ti.
  3. A editar o texto do noso post.
  4. A poñer etiquetas.
  5. A programar a publicación de entradas e a publicalas inmediatamente.

Lembra que ademais da primeira entrada co contido sinalado no vídeo, deberás realizar outra co contido que ti prefiras.

Por último, envíame un correo co nome do teu blog e a ligazón para chegar a el.

Prazos para enviar o correo co enderezo e a tarefa feita:

1A e 1Bantes do xoves 21 de marzo.

1C e 1Dantes do sábado 23 de marzo.

Titorial para a materia de ITI de 1 ESO.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA