A tarefa desta semana consta de dúas partes: a análise dunha noticia polémica da semana e a modificación do aspecto do noso blog.
Primeira parte – Análise critica dunha noticia da semana
Para realizar a análise da noticia da semana sigue os seguintes pasos:
- Decide cal foi para ti a noticia máis interesante e polémica da semana.
- Busca dúas fontes de información que recollan a noticia.
- Resume a noticia.
- Expón a túa opinión crítica sobre os feitos.
- Inclúe na entrada unha imaxe Creative Commons indicando a súa procedencia.
Noticia:
Fontes de información:
Resumo da noticia:
Opinión crítica:
Segunda parte – Moficamos o aspecto do noso blog
*Non poderás realizar esta parte da tarefa ata que teñas aprobada a Tarefa 11. Saberás que a túa Tarefa 11 está aprobada cando o nome do teu blog apareza na lista de blogs de 1ESO no menú lateral deste blog ou na pestana Blogs 1 ESO.
Agora que xa temos creado o noso blog, imos modificar o seu aspecto. Para iso podes valerte do seguinte titorial, cambia a plantilla do teu blog e mellora aqueles aspectos que consideres conveniente.
Prazo de entrega da tarefa: todas as clases ata o mércores 27 de marzo.
[…] Tarefa 12: Primeira análise crítica e modificación do aspecto do blog 3ª entrada, análise crítica da noticia da semana […]