Imaxe de Pixabay.

A tarefa desta semana consta de dúas partes: a análise dunha noticia polémica da semana e a modificación do aspecto do noso blog.

Primeira parte – Análise critica dunha noticia da semana

Para realizar a análise da noticia da semana sigue os seguintes pasos:

  1. Decide cal foi para ti a noticia máis interesante e polémica da semana.
  2. Busca dúas fontes de información que recollan a noticia.
  3. Resume a noticia.
  4. Expón a túa opinión crítica sobre os feitos.
  5. Inclúe na entrada unha imaxe Creative Commons indicando a súa procedencia.

Noticia:

Fontes de información:

Resumo da noticia:

Opinión crítica:

Segunda parte – Moficamos o aspecto do noso blog

*Non poderás realizar esta parte da tarefa ata que teñas aprobada a Tarefa 11. Saberás que a túa Tarefa 11 está aprobada cando o nome do teu blog apareza na lista de blogs de 1ESO no menú lateral deste blog ou na pestana Blogs 1 ESO.

Agora que xa temos creado o noso blog, imos modificar o seu aspecto. Para iso podes valerte do seguinte titorial, cambia a plantilla do teu blog e mellora aqueles aspectos que consideres conveniente.

Prazo de entrega da tarefa: todas as clases ata o mércores 27 de marzo.

1 comentario