Imaxe de Pixabay.

Tarefa 13.1. Esta semana vloguearás, ou o que é o mesmo, farás unha contribución en vídeo no teu blog coa temática xeneralista que ti prefiras. Non se che pide que sexa un vídeo editado, senón simplemente unha entrada de blog en vídeo onde saias demostrando os teus dotes para te expresar correctamente en con soltura en público.

Tarefa 13.2. Analiza a noticia da semana. Repara nos seguintes aspectos que algúns de vós tivestes mal na Noticia da semana 1.

  • Os titulares hai que traducilos, o que nonse traduce e o nome das empresas de comunicación.
  • As ligazóns teñen que abrir noutra ventá.
  • As ligazóns non van no título.
  • A reflexión crítica ten que ser argumentada.

Prazo de publicación: ata o mércores 5 de abril.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA