Imaxe de Pixabay.


Prazo de entrega: antes das vacacións de Semana Santa.

Nesta tarefa imos aproveitar para poñérmonos ao día, tes que realizar no teu blog as seguintes comprobacións:

  1. O nome do perfil está completo co teu nome e dous apelidos
  2. O blog está configurado en galego
  3. Personalizaches o aspecto do teu blog (só para os blogs aprobados)
  4. Todas as entradas teñen etiquetas (blogueando, noticia da semana, etc.)
  5. Os títulos do blog e das entradas non rematan en punto
  6. Pasácheslles o corrector e liches todas as túas entradas
  7. Todas as imaxes teñen licenza CC.
  8. Todas as imaxes teñen ligazón de atribución á páxina da que proceden ou se son imaxes propias teñen indicada a licenza e a atribución
  9. Todas as ligazóns funcionan (ábrense noutra pestana ou xanela)
  10. As ligazóns ás fontes das noticias da semana indican o título da noticia en galego e o nome do medio de comunicación na súa lingua orixinal
  11. As ligazóns ás fontes das noticias da semana leva á noticia e non á portada do medio de comunicación
  12. As noticias da semana é considerada “importante” pola súa transcendencia para un sector poboación
  13. Na entrada de presentación preséntaste dicindo quen es e os contidos que vas ofrecer no teu blog
  14. Na entrada de vlog falas 5 minutos sobre calquera contido relacionado coa temática do teu blog
  15. As entradas libres ofrecen contidos de elaboración propia e non se limitan a copiar a información contida noutras páxinas.

Ao final terás que ter no teu blog como mínimo os seguintes contidos:

  • 1 entrada de presentación
  • 2 entradas de noticia da semana
  • 1 entrada de vlog
  • 3 entadas de contidos libres
  • 1 entrada de regueifas (menos o alumnado de 1C)

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA