Imaxe dun xornal retro de ChristoplherPluta en Pixabay.

Nesta tarefa terás que inventar no teu blog 2 noticias (se es de 1A, 1B e 1D) ou 1 noticia (se es de 1C ou tes adaptación ou reforzo).

As noticias deberán ter os seguintes elementos:

  1. 1 título
  2. 1 antetítulo ou 1 substítulo, tamén será posible que teñan antetítulo e subtítulo.
  3. 1 imaxe con 1 pé (onde aparezan, dunha banda, a información do que se ve imaxe e, doutra banda, os créditos da imaxe con indicación da autoría e lugar de procedencia con ligazón). Por exemplo: Aspecto da montaña rianxeira tras os incendios. / Imaxe de Multivac42 en Flickr.
  4. Autoría, lugar, data e hora. Por exemplo: A Profa, RIBEIRA 01062019 ás 11:13.
  5. A redacción do corpo da noticia respectará o guión da estrutura da información de máis a menos importante.
  6. As respostas básicas de calquera noticia (os seis w): que, quen, cando, onde, como, por que, nalgunhas ocasións tamén pode ser interesante o para que.
  7. No interior do texto terán que ir as fontes de información, 2 como mínimo. Como mínimo 1 delas terá que ser de autoridade.
  8. Extensión mínima 5 parágrafos. Lembra que un parágrafo debe ter máis dunha oración e tamén que resulta máis doado de ler un texto con oracións curtas e claras que con períodos longos e complexos.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA