Bótalle alegría ao teu blog neste tempo de verán. Imaxe de Félicité Noinville en Flickr.

Para facilitarche a fin de curso na materia, déixovos aquí unha compilación das entregas do trimestre.

  1. Tarefa 11: Creamos o noso blog en Blogger
    1ª entrada, a miña primeira entrada / 2ª entrada, contido libre inventada por ti
  2. Tarefa 12: Primeira análise crítica e modificación do aspecto do blog
    3ª entrada, análise crítica da noticia da semana
  3. Tarefa 13 – vlogueando e a noticia da semana
    4ª entrada, vlogueando / 5ª entrada, análise crítica da noticia da semana (o alumnado de adaptación, reforzo e agrupamento non ten que facer esta entrada)
  4. Tarefa 14 – Poñémonos ao día
    6ª entrada, libre / 7ª entrada, libre / 8ª entrada, libre / 9ª entrada de coplas (a entrada 9 de coplas, o alumnado de 1C non a ten que facer, no seu lugar farán unha entrada libre)
  5. Tarefa 16 – Inventamos noticias
    10ª entrada, 1 noticia inventada / 11ª entrada, 1 noticia inventada (o alumnado de adaptación e reforzo non terán que facer esta entrada)
  6. Tarefa 17 – Entrada libre
    12ª entrada, entrada libre

Lembrade:

  1. O voso blog deberá cumprir cos requisitos formais da tarefa 14.
  2. As entradas deben ter pasado o corrector ortográfico.
  3. As entradas libres terán un contido relacionado coa temática do voso blog. O seu número pode ser maior do requirido pero nunca menor.

TOTAL DE ENTRADAS QUE TES QUE TER PUBLICADAS NO TEU BLOG AO FINAL DO TRIMESTRE

ALUMNADO CON ADAPTACIÓN E REFORZO: 8 entradas (1ª presentación, 2ª libre, 3ª análise dunha noticia, 4ª vlogueando, 6ª libre, 9ª coplas, 10ª noticia inventada, 12ª libre)

ALUMNADO DE AGRUPAMENTO: 12 entradas (non fará a entrada 5ª de análise dunha noticia, nin a 9ª de coplas, no seu lugar realizará dúas entradas libres)

RESTO DO ALUMNADO: 12 entradas

PRAZO DE ENTREGA FINAL
9 de xuño
14 de xuño
(alumnado de adaptación e reforzo)


Non será avaliada ningunha entrada publicada con posterioridade ao 9 de xuño.

*Lémbrase que por acordo do departamento didáctico, non será admitido ningún traballo presentado fóra de prazo.

AVISO: As fins de semana non serán atendidas consultas a través do correo.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA