Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.

Que é unha axenda? Libro ou caderno onde se apuntan cousas de interese como aquilo que se ten que facer, enderezos, números de teléfono etc., e que inclúe tamén informacións útiles. Dicionario da RAG

Que é unha axenda inversa? É un sistema de organización persoal que se basea nun estudo da nosa realidade previa e das nosas nosas prioridades individuais e que se desenvolve a través de 4 fases.

Fases de desenvolvemento da axenda inversa: 1ª fase – Establecemos cal é o noso punto de partida mediante a recollida sistemática de datos. 2ª fase – Tomamos conciencia de como é a nosa realidade persoal (canto tempo dedicamos a cada tipo de actividade ao longo da semana) mediante a análise dos datos recollidos na primeira fase. 3ª fase – Establecemos os nosos obxectivos para o período de tempo que desexemos organizar (no noso caso, o presente curso escolar). 4ª fase – Deseñamos o noso planificador semanal de acordo aos nosos obxectivos establecidos na 3ª fase seguindo unha serie de regras.

1ª FASE – Durante 7 días deberás realizar a recollida sistemática dos datos dos teus hábitos. Comezarás mañá e o máis importante será a túa rigorosidade no rexistro das túas diferentes actividades. Para facelo poderás usar unha táboa como a seguinte (podes imprimila ou copiala

Forma de entrega da 1ª Fase: Entregarás as túas táboas na tarefa de Edixgal a vindeira semana debidamente cubertas o día que se che indique na aula en PDF.

2ª fase – Tomamos conciencia de como é a nosa realidade persoal (canto tempo dedicamos a cada tipo de actividade ao longo da semana) mediante a análise dos datos recollidos na primeira fase. 3ª fase – Establecemos os nosos obxectivos para o período de tempo que desexemos organizar (no noso caso, o presente curso escolar). .

Forma de entrega da 2ª e 3ª Fase: Para realizar estas dúas fases collerás un novo folio numerado e nel poñerás: o teu nome, apelidos e curso e despois: 2ª fase – onde realizarás unha listaxe dos diferentes tipos de actividades que fas ao longo da semana e as horas que lle dedicas a cada unha. De seguido farás unha reflexión indicado se a repartición que tes na actualidade che parece a apropiada e por que. 3ª fase – onde indicarás os teus tres obxectivos realistas para este curso ben pensados e ben redactados. Antes de rematar a clase deberás entregar a túa folla debidamente cumprimentada na mesa da profesora.

4ª fase – Deseñamos o noso planificador semanal de acordo aos nosos obxectivos establecidos na 3ª fase seguindo unha serie de regras.

  • Respectarás as horas de soño (mínimo 8 horas diarias).
  • Incluirás un tempo razoable para os labores de alimentación e aseo persoal.
  • Ten que haber tempo de traballo para realizar as tarefas do instituto.
  • Tes que ter tempo todos os días para divertirte, relaxarte e relacionarte con outras persoas.
  • Tes que ter un día libre á semana no que non debas facer nada de traballo.
  • Os teus tempos de lecer deben ser diversificados ao longo da semana con lecer individual e lecer con outras persoas.

Forma de entrega: Crearás o teu horario semanal personalizado e o plasmarás nun folio debidamente identificado e numerado. O título será AXENDA INVERSA e deberá ir centrado e o subtítulo será Horario personalizado, na parte posterior do folio explicarás os teus criterios para realizar o teu horario desa maneira. Entregarás esta fase na aula metida nunha funda plástica o vindeiro luns se estás en 2C ou 2D e o vindeiro martes se estás en 2E.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA