Nesta tarefa imos crear un blog propio en Blogger coa nosa conta @iespobra.com.

Para que vai ser este blog:

  1. Para que realices nel as entradas dos contidos que a ti che gusten de forma libre sempre e cando respectes as leis de autoría e os teus contidos sexan adecuados a un ámbito educativo para adolescentes.
  2. Para que recollas nel algunhas tarefas obrigatorias de ITI.
  3. Para que recollas (se é o caso) tarefas relacionadas con outras materias.

Antes de nada imos configurar a nosa conta de Google en galego, imos lembrar os pasos vistos na aula:

  1. Entramos na nosa conta @iespobra.com
  2. Imos á nosa icona que aparece na esquina superior dereita da pantalla (se non lle puxestes unha imaxe propia, apareceravos a vosa inicial) e seguimos a seguinte ruta: icona > cuenta de Google > Datos y personalización > Idioma > idioma predeterminado (clicamos no lapis) > no menú escollemos galego.
  3. Saberás se o fixeches ben porque os menús comezarán a aparecerche en galego.

Para saber como crear o teu blog, mira o seguinte vídeo e vai seguindo as instrucións, ánimo que é moi doado!

En Creamos o noso blog en Blogger 1 aprendemos:

  1. A entrar na nosa conta de Blogger.
  2. A crear o noso perfil.
  3. A poñerlle nome e enderezo ao noso blog. Ponlle un nome en galego, fíxate que sexa doado de lembrar. Se xa sabes cal vai ser a temática do teu blog podes poñerlle un nome que dea conta da súa temática.
  4. A escoller un tema de aspecto (neste caso o “sinxelo”) para o blog.
  5. A coñecer a pantalla de administración do blog.

En Creamos o noso blog en Blogger 2 aprendemos:

  1. A coñecer a pantalla de edición de Blogger.
  2. A crear entradas de texto. Terás que ter 2 entradas no teu blog: 1ª A miña primeira entrada / 2ª Unha entrada de contido libre inventada por ti.
  3. A editar o texto do noso post.
  4. A poñer etiquetas.
  5. A programar a publicación de entradas e a publicalas inmediatamente.

Lembra que ademais da primeira entrada co contido sinalado no vídeo, deberás realizar outra co contido que ti prefiras.

Por último, envíame un correo co nome do teu blog e a ligazón para chegar a el.

Prazos para enviar o correo co enderezo e a tarefa feita:

Antes do 16 de novembro.

Titorial para a materia de ITI de 1 ESO.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA