Co que levamos traballado deberías saber:

  1. Que é o universo?
  2. Que é o big-bang?
  3. Que elementos compoñen o universo?
  4. Que é unha galaxia? Cal é a nosa galaxia?
  5. Que podemos atopar nunha galaxia?
  6. Que é un sistema planetario?
  7. Cal é o noso sistema planetario?
  8. Cales son os planetas que compoñen o noso sistema planetario en orde de tamaño?
  9. Cal é o planeta que se toma como base para medir a masa?
  10. Cal é o elemento do universo máis afastado da Terra que podemos ver a simple vista?
  11. Que tres características se dan na Terra para que nela exista vida?
  12. Que papel ten a atmosfera para que haxa vida na Terra?
  13. Que forma ten a Terra?
  14. Debuxar os elementos que podemos atopar no universo.
  15. Debuxar a nosa galaxia.
  16. Crear un debuxo de movementos no universo no que recollas a Lúa, a Terra, o Sol e a Vía Láctea.
  17. Que é o movemento de rotación? Canto tarda en dar unha volta completa?
  18. Cales son as consecuencias do movemento de rotación?
  19. Que é o movemento de translación? Canto tarda en dar unha volta completa? Cal é a dirección do xiro?
  20. Que é a órbita terrestre?
  21. Por que durante a translación cada hemisferio se atopa en posicións distintas respecto ao Sol?
  22. Que tres grandes consecuencias ten o movemento de translación?
  23. Indicar nun globo terráqueo: os cinco principais paralelos, o hemisferio Oº, dúas estacións e o día e a noite.
  24. Que é un solsticio? Cantos hai? En que momento?
  25. Que é un equinoccio. Cantos hai? En que momento?
  26. O puntos cardinais de que movemento da Terra son consecuencia?
  27. Localizar un concello do Barbanza respecto a outro dado o punto cardinal.
  28. Que é unha hora? Que é un fuso horario?
  29. Calcular a hora dun lugar tendo en conta os fusos horarios.
  30. Que é o meridiano Oº ou de Greenwich?
  31. Que é un día solar?
  32. Que é un ano luz?
  33. Que é un mapa?
  34. Que 4 elementos precisamos para confeccionar un mapa?
  35. Que é unha rede xeográfica?
  36. Que son os paralelos? Cales son os máis importantes?
  37. Que son os meridianos? Cales son os máis importantes?
  38. Que é a latitude? Que é a lonxitude?
  39. Que sistemas de proxección hai para representar a Terra nun mapa?
  40. En que sistema de proxección os meridianos teñen forma de abano?
  41. En que sistema de proxección os meridianos teñen forma de estrela?
  42. En que sistema de proxección os meridianos son liñas paralelas?
  43. Que tipo de proxección utilizarei se quero ver a Antártida completa?
  44. Que é a escala?
  45. Localizar un punto no mapa dadas as súas coordenadas xeográficas.
  46. Indicar as coordenadas dun punto nun mapa.
  47. Que dous tipos de mapas coñecemos?
  48. Cal é a diferenza fundamental entre un mapa topográfico e un mapa básico?
  49. Como representamos as alturas do relevo nos mapas topográficos?
  50. Que son as curvas de nivel? Que tipos hai? Explica as diferenzas entre eles.
  51. Clasificar trazos dun mapa topográfico en naturais e humanos.
  52. Situar os continentes, océanos e principais mares nun mapa.
  53. Explicar a estrutura da Terra dende o centro cara ao exterior indicando seis capas.
  54. Que é a litosfera? Por que nos interesa tanto o seu estudo?
  55. Onde é a litosfera máis ancha? E onde é máis estreita?
  56. Que é o relevo?
  57. Indicar tres formas do relevo das terras somerxidas.
  58. Indicar catro formas do relevo das terras emerxidas.
  59. Indicar seis formas do relevo costeiro.
  60. Que é unha fosa mariña? Que é unha dorsal oceánica?
  61. Que dous tipos de axentes diferenciamos na evolución do relevo?
  62. Que axentes interveñen na formación do relevo?
  63. Que axentes interveñen na modificación do relevo?
  64. Cal é o axente con maior impacto na modificación do relevo? Pon tres exemplos deste impacto.
  65. Explica de que tres maneiras a auga provoca a modificación do relevo.
  66. Que axente do relevo provoca a aparición das montañas?
  67. Que tres fases podemos diferenciar no proceso de modificación do relevo?
  68. Indicar o termo definido nunha definición.
  69. Completar esquemas dos contidos dados.
  70. Contestar a preguntas de dedución de coñecementos adquiridos.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA