INVESTIGACIÓN TRATAMENTO DA INFORMACIÓN 1º ESO
IES DA POBRA DO CARAMIÑAL
TEMAS QUE HAI QUE PREPARAR PARA A PROBA DE PENDENTES 2O2O

A proba de pendentes constará dun exame escrito con 10 preguntas extraídas entre as seguintes:

  1. O alumnado na proba de pendentes deberá saber dar resposta axeitada ás seguintes cuestións:
  2. Indica dúas formas diferentes formas de conseguir información na Idade Media, en 1960 e en 2019.
  3. Que é unha rede social?
  4. Indica 5 vantaxes e 5 desvantaxes da utilización das redes sociais.
  5. Que operador debemos utilizar nun buscador se queremos atopar páxinas que conteñan vacacións e verán, ou unha soa destas dúas palabras?
  6. Que operador teño que utilizar nun buscador se quero atopar páxinas que inclúan a palabra Deportivo pero que exclúa aquelas que conteñan a palabra Coruña.
  7. Indica o nome de tres buscadores diferentes.
  8. Como buscas unha palabra concreta dentro dun blog ou dunha web?
  9. Como buscarías un documento .doc coa palabra festa?
  10. Indica que partes podemos atopar na entrada dun dicionario e para que serve cada unha.
  11. Explica a diferenza entre glosario, enciclopedia e dicionario.
  12. Indica catro tipos diferentes de dicionario (non poden ser dicionarios de diferentes linguas).
  13. Se dicimos que un dicionario ofrece nas entradas a etimoloxía das palabras, de que estamos a falar?
  14. Cal é a diferenza entre busca avanzada e busca simple nun dicionario en liña?
  15. Indica tres formas de busca que che permita a busca avanzada que non podes realizar coa busca simple.
  16. Indica os 5 criterios que che permiten recoñecer webs fiables.
  17. Que é o dereito de autoría?
  18. Que é unha licenza Creative Commons? Cal é o seu símbolo?
  19. Que é o copyright? Que é o copyleft?
  20. Que é a atribución (BY)? Cal é o seu símbolo?
  21. Que é compartir igual? Cal é o seu símbolo?
  22. Que significa non uso comercial? Cal é o seu símbolo?
  23. Que significa non obras derivadas? Cal é o seu símbolo?
  24. Unha escritora pode ter un libro cunha licenza CC que no permite usos comerciais e ao mesmo tempo asinar un contrato cunha editorial concreta para a súa distribución? Argumenta a túa resposta.
  25. Que licenza teño que escoller se non quero que ninguén utilice os meus materiais?
  26. Que licenza necesito se quero que o meu traballo sexa recoñecido?
  27. Dados os símbolos dalgúns tipos de licenza, explicar o seu significado.
  28. É legal utilizar calquera imaxe que atopemos na rede? Por que?
  29. Que partes podemos atopar na portada dunha publicación?
  30. Como podemos diferenciar na prensa un titular obxectivo dun titular subxectivo.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA