Como indica o título, nesta tarefa imos aprender a buscar na rede con eficacia a través do material creado polas profesoras Olga Rodríguez e Charo Sánchez Gabriel.

Agora explica no teu caderno o que terías que facer nos seguintes casos:

4.1. Se queres atopar páxinas que conteñan a palabra Pobra e a palabra Caramiñal.

4.2. Se eu escribo no buscador:

Pobra OR Caramiñal

Que resultados me vai ofrecer?

4.3. Indica a secuencia que teño que escribir no buscador se quero que me ofreza como resultado páxinas que conteñan A Pobra pero que non conteñan Caramiñal.

4.4. Que secuencia teño que escribir no buscador para que me atope o título da canción A saia da Carolina?

4.5. Procura a palabra MARABILLA nos buscadores Google, Yahoo e Bing e compara os resultados.

4.6. Google é o buscador máis usado no mundo pero existen moitos outros. Investiga que teñen de particular cada un dos seguintes buscadores: Ecosia, Educateca, Idée, TinEye, YouTube Edu.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA