Imaxe da Pobra do Caramiñal colgada en Pinterest por Ramón Angueira.

Dentro do Proxecta Herdeir@s do Mar esta semana tócanos realizar investigación de campo.

Obxectivo: buscar imaxes do pasado da Pobra do Caramiñal que teñan que ver co mar, cos oficios e traballos relacionados co mar e co mundo industrial deste concello.

Que teño que facer?

Buscar fotografías con esta temática.

A. Quitarlle unha foto á fotografía.

Ao arquivo da foto cambiarlle o nome e poñerlle o seguinte: Indentificación_T11_01_data

Identificación: é a túa identificación co curso, apelidos e nome

T11: por ser a Tarefa 11

01: por ser a túa primeira imaxe, despois terás que ir poñéndolle a cada unha números consecutivos

data: en data poñerás o ano da imaxe se o sabes, p.ex. 1973; se só sabes a década poñerás p.ex. anos70 e se non tes nin idea poñerás sendata.

AO LONGO DA SEMANA IREMOS PUBLICANDO O RESTO DE INDICACIÓNS PARA REALIZAR ESTA TAREFA QUE TERÁ QUE ESTAR REMATADA PARA DESPOIS DAS VACACIÓNS DO ENTROIDO.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA