Imaxe da Pobra do Caramiñal colgada en Pinterest por Ramón Angueira.

Dentro do Proxecta Herdeir@s do Mar esta semana tócanos realizar investigación de campo.

Obxectivo: buscar imaxes do pasado da Pobra do Caramiñal que teñan que ver co mar, cos oficios e traballos relacionados co mar e co mundo industrial deste concello.

Que teño que facer?

Buscar fotografías con esta temática.

A. Quitarlle unha foto á fotografía. Podes facelo con boa calidade coa aplicación FotoScan de Google ou outra semellante.

B. Ao arquivo da foto cambiarlle o nome e poñerlle o seguinte:

cursoapelidoapelidonome_T11_01_data

exemplo: 1Cpontepatiñopilar_T11_01_1975

Identificación: é a túa identificación co curso, apelidos e nome 1Cpontepatiñopilar_

T11_: por ser a Tarefa 11

01_: por ser a túa primeira imaxe, despois terás que ir poñéndolle a cada unha números consecutivos

data: en data poñerás o ano da imaxe se o sabes, p.ex. 1973; se só sabes a década poñerás p.ex. anos70 e se non tes nin idea poñerás sendata.

C. Despois de poñerlle o NOME CORRECTO ás túas fotos, CLICA AQUÍ e súbeas ao álbum colectivo HERDEIR@S DO MAR.

D. Unha vez que subas a túa foto, mediante un COMENTARIO na imaxe engade todos os datos que coñezas da imaxe:

  • o lugar
  • a data
  • as persoas que aparecen
  • a actividade que están facendo
  • e calquera outra información que poidas proporcionar

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA