Hoxe tiven a oportunidade de asistir como público á defensa da tese en liña de Nerea Rodriguez Regueira “Los libros de texto digitales. Un análisis descriptivo e interpretativo de sus características.” dirixida polo profesor Jesús Rodríguez Rodríguez.

?

Como profesora unha tese sobre libros de texto dixitais interésame seguro e Nerea Rodríguez Regueira expuxo un traballo moi interesante no que aprendín moitas cousas sobre as características dos diferentes libros dixitais, as actitudes do profesorado ante a implementación de novas tecnoloxías ou a necesidade de que o profesorado teña uns criterios de selección formados. Espero que algunha editorial se anime a publicar o seu estudo que

?

Mentres agardábamos á deliberación do xurado vía diante de min unha mestra nova, nerviosa como é normal ante esa circunstancia, e pensaba nos moitos sacrificios que de seguro debía de ter feito para ser capaz de compaxinar o traballo no colexio co labor investigador, e tamén en canto mérito teñen as persoas coma ela e que pouco se lles recoñece! Despois de ser moi ben valorado por todos os membros do xurado, o seu traballo foi cualificado coa máxima nota, teño que dicir que sentín unha grande alegría por ela, fixérase a xustiza!

?

Independentemente das bondades de Nerea, que foron moitas, resultoume moi interesante presenciar un acto académico dese tipo, realmente á situación de pandemia témoslle que agradecer prácticas coma esta. Nestes tempos de tanto gurú educativo de YouTube a universidade debería precisamente promocionar a asistencia a actos coma este sempre, é fundamental que calquera persoa poida acceder á exposición de traballos científicos de altísimo nivel coma este onde non se fai outra cousa que divulgar a cultura.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA